viernes, 7 de septiembre de 2007

Envío de sinaturas polos afectados de Laxe Brava (Corrubedo)

Os veciños de Teira e Corrubedo enviamos hoxe á Conselleira de Pesca e ao Presidente da Xunta de Galicia as sinaturas de propietarios afectados polo Plan da Señora Gallego, manifestando o noso completo rexeitamento á expropiación das nosas terras con fins acuícolas. Amosámolle ademáis o noso disgusto polo xeito opaco e prepotente no que se está a tramitar o documento, pensado única e exclusivamente en favorecer os intereses dun puñado de empresas.

Fixemos chegar copia da nosa protesta aos grupos políticos con representación no Parlamento de Galicia posto que estamos a comprobar que parecen non enterarse do que acontece nas rúas. ¿Será que non len a prensa?

2 comentarios:

Susisto dijo...

Eu tamén firmei, e penso que todo o mundo, independientemente da zoa na que viva deberia apoiar unha causa coma esta pois pouco a pouco gracias a estas actuacións imos quedar sen paixase que admirar. Espero que esto sirva para salvar unha das zonas máis fermosas da costa e sobre todo para evita-los abusos ós que nos vemos sometidos a diario.

Laxe Brava dijo...

Moitas gracias pola túa colaboración, Susisto. Coa axuda de toda a xente que está a colaborar, seguro que conseguimos parar esta desfeita.