jueves, 13 de septiembre de 2007

Dúbidas sobre o Plan Sectorial

Parece ser que a resposta social que está a recibir o Plan da Sra. Gallego e/ou o Cluster da Acuicultura (aquí xa non sabemos onde remata a tarefa dunha e escomenza a dos outros) fixo dar medio chouto a algún membro da nosa esforzada clase política. Así, os deputados nacionalistas Bieito Lobeira e Ana Pontón veñen de rexistrar no Parlamento de Galicia varias preguntas ao goberno sobre este tema; e no mesmo senso está a encamiñar a súa labor a agrupación local do BNG de Ribeira en contra das instalacións cos que agasallou Pesca ao Concello. Agora ben, vistas as propostas deste grupo, e non dubidando da súa mellor vontade, discrepamos das formas en que están a ser plantexadas pois fálasenos de "negociación" ou "lograr el desarrollo de esa nueva fuente de riqueza compatibilizándola con la preservación del medio ambiente". Consideramos desafortunado que se nos fale de negociación cando temos enriba a ameaza dunha expropiación forzosa exercida por unha administración que debería estar preocupada por defender os intereses dos seus cidadáns. E en canto á nova fonte de riqueza, gustaríanos que nolo explicasen, a nós que somos de aldea, porque non vemos tal. De compatibilizar medio ambiente e desenrolo, xa nin falamos porque é unha frase demasiado gastada por certos persoeiros que de respecto ó medio, nada de nada ... e de desenrolo económico, sólo para uns poucos.
Vostedes que se dedican á vida pública, señores/as políticos/as, desde Laxe Brava vai esta mensaxe: non se pode estar na misa e repicando.

2 comentarios:

Rebeca dijo...

Despois de tanta loita merecemos que non nos impoñan este desastre.

Merlobranco dijo...

O desafío é grande e a loita será larga, pero non serán quen de esmagar toda Galicia con este Plan Sectorial. Moito ánimo a todos/as os que estades a defender o noso litoral