Uxío Labarta, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) con moitos anos de estudos ás súas costas sobre o sector pesqueiro galego, daba conta na súa columna
codex floriae dos atrancos que está a atopar o Plan de Pesca. Ao noso entender apunta sesgado para non acertar na diana. É certo que a expropiación forzosa que contempla o plan supón a abolición
de facto das leis do mercado para, acto seguido, ceder as lexítimas propiedades dos veciños a unha multinacional que tirará delas beneficios de abondo. Estamos polo tanto ante un acto administrativo que por arte de birli-birloque incrementa exponencialmente o valor dun activo con manifesta intención de enriquecer a uns en perxuicio dos máis.
Un pelotazo acuícola, como se di por estas terras. Como afirma o documento, un dos fins da revisión do Plan era ofrecer seguridade xurídica ás empresas, aínda que no fondo o que pretendan é inmunidade ante a lei. ¿Pisoteando un dereito constitucional fundamental, como é o da propiedade privada? ¿Quedamos en que todos somos iguais ante a lei ou non?
Labarta lanza asimesmo, nun acceso de corporativismo, un insidioso ataque ás posturas das entidades ecoloxistas, que por certo tanto están a facer porque non se repitan imaxes lamentables como a da foto, correspondente a Cabo Vilán e recibe cumprida resposta de
Adela Figueroa, de
ADEGA. Ben merecido!
No hay comentarios:
Publicar un comentario